lunes, 17 de junio de 2013

Casas de patín

As casas de patín teñen unha escaleira para subir á parte de enriba que vai dar ao salón. Debaixo da escaleira gardaban as redes e as cousas de pesca. Unhas das casas de patín máis famosas de Cangas son as do Cristo de Símgulís.
O patín que é a escaleira exterior de pedra, podía ir cuberto, prolongando o tellado; o seu uso era ser multiple: o asceso a vivienda, tomar o sol e o freso, como lugar de reunión polas noites donde atar as redes para ser cosidas polas mulleres, onde se tendía a roupa ou se poñían as redes a secar.
As casas de patin están feitas de pedra.




Ver Casas de patín nun mapa máis grande.

A moa

Está situada nos xardíns dos xulgados de Cangas. É unha escultura de metal cunha forma semellante a unha moa ou un dente e que quere representar a idea de equidade e de xustiza e  o difícil equilibro para logralo. A móa construíuse en 2006. A peza foi realizada polo artista Lito Portela. A idea de levantar unha estatua nos xardíns do xuzgado surxiu do rexidor cangués, que tiña o compromiso de dotar dunha obra de arte a cada unha das actuacións públicas de envergadura.




Ver A moa nun mapa máis grande.

martes, 11 de junio de 2013

A casa da cultura

O autor deste edificio chámase César Portela (Pontevedra, 1937). Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona. Licenciado en 1966, obtivo o doutorado dous anos despois. Profesor invitado en numerosas universidades e institucións de todo o mundo. Galardonado co Premio Nacional de Arquitectura de España no ano 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba.
A Casa da cultura está situada cara ao mar, na praia de Rodeira, no lugar de O Forte. Foi inaugurada no 1989. Incorpora métodos construtivos tradicionais e o uso de galerías de vidro pechadas, integrando a casa coa paixase que a rodea.
As fachadas da Casa da cultura están cubertas de cunchas de vieira.




Ver A casa da cultura nun mapa máis grande.

lunes, 10 de junio de 2013

O Coloso

O autor do Coloso é Ramón Conde.
Ramón Conde naceu en Ourense en decembro de 1951.
Ademais de O Coloso fixo esculturas como o Guardian ante a Torre de Hércules (A Coruña) ou A Leiteira (Ourense). No 91 inaugura Os Redeiros, na Gran Vía de Vigo, unha das súas obras máis emblemáticas. Ramón Conde é un artista internacional con exposicións e obras en diversas cidades europeas
O Coloso está situado nunha rotonda na estrada Cangas- Moaña.
O Coloso representa a un gordo nunha roca. A obra é do ano 2005.





Ver O coloso  nun mapa máis grande

viernes, 7 de junio de 2013

Capela de San Roque

Foi construída no 1883, está feita de pedra. Está situada no monte de San Roque, na parroquia de Darbo. Alí gozase dunha panorámica de toda a vila de Cangas e da ría de Vigo. Para acceder a capela hai que subir unha pequena costa porque está no alto do monte.
As festas en honor ao San Roque celébranse o 16 de agosto cunha bonita romaría. A capela só a abren uns días antes para facerlle a novena e ao longo do ano permanece pechada.






Ver Capela de San Roque nun mapa máis grande.

A Volta do Mar

O autor da Volta do Mar chámase Xoan Piñeiro Nogueira.
A escultura está situada na alameda vella de Cangas, preto do reloxo. É unha escultura de pedra que consiste nun mariñeiro abrazando a súa muller e ao seu fillo despois de voltar do mar.
E do ano 1952 e está feita en granito.
O autor naceu en Hío (Pontevedra) en 1920, e falleceu en Porriño en 1980. A súa orixe campesiña e mariñeira, de familia humilde, levouno a ser na súa nenez pastor. Entretíñase, e con gran maestría, facendo a punta de navalla as súas primeiras figuras de madeira de ponlas de carballo e castiñeiro, din que amosando xa daquela aptitudes de artista.



Ver A Volta do Mar nun mapa máis grande.

O RELOXO

O autor do reloxo foi Alvaro Guitián.
A situación do reloxo é na alameda Soage, fronte á estación marítima e o porto.
É un quiosco meteorolóxico. Servía para que os mariñeiros poidesen predicir o tempo. Foi financiado por suscrición popular. Antigamente o reloxo estaba na parte oposta da Alameda Vella ao lado da praza de abastos.
A réplica foi construída por Áviles no ano 1991. Está feita de ferro e metal.



Ver O reloxo nun mapa máis grande

jueves, 6 de junio de 2013

Igrexa de San André do Hío

Situada na parroquia do Hío esta igrexa construída no século XII está feita de pedra en estilo románico. Ao longo do tempo sufriu sucesivas reformas que deixaron pegada de estilos diferentes.
No atrio pódese observar o famoso cruceiro do Hio, unha boa obra de Ignacio Cerviño.




Ver Igrexa de San André de Hío nun mapa máis grande.

Igrexa Santa María de Darbo

A igrexa encóntrase en Darbo, na praza O Seixo.
É unha igrexa con planta de cruz latina, de brazos curtos e bóveda de medio canón. A súa fachada principal en estilo barroco rural (1733). Foi contruída sobre a base dun templo queimado en 1617.
Hai una lenda que conta que durante a construción da igrexa, por obra de encantamento, todo o que os canteiros facían durante o día era misteriosamente desfeito durante a noite, o que causaba gran abraio e malestar entre os operarios. Ata que observaron a presenza dunha pomba que día tras día se pousaban no mesmo lugar. Os canteiros interpretaron isto como un sinal do ceo, e mudaron a igrexa ao lugar onde a pomba indicaba, co que se acabou o encantamento e puideron finalizar as obras.



Ver Igrexa de Santa María de Darbo nun mapa máis grande

miércoles, 5 de junio de 2013

A Capela do Hospital.

A Capela do Hospital encóntrase nos xardíns do Sinal. Mandouna construír Gonzalo de Nogueira de Araújo.
Foi construída no ano 1711 para acoller a enfermos, a pobres e a peregrinos. De estilo barroco rural conta cun fermoso brasón con símbolos da familia Araújo e da Inquisición.
Antigamente estaba situada na rúa Eugenio Sequeiros, onde hoxe se levanta o edificio dunha entidade bancaria, entre a rúa do Hospital e San Xosé.
En 1966 foi derruída e durante trinta anos as pedras estiveron perdidas.
Despois, en 2001 e ata 2002 foi reconstruída no sitio actual, pero agora obsérvase que as pedras que non se encontraron foron substituídas por outras novas, pero de diferente cor.




Ver Capela do Hospital nun mapa máis grande.

martes, 4 de junio de 2013

Remo vento de proa

É unha escultura feita por Manuel Coia Franco. Sitúase fronte ao Concello. Está feita en pedra e adicada aos mariñeiros de baixura. Foi inaugurada no ano 2002. Representa a uns mariñeiros remando no seu barco.
Manuel Coia Franco criouse nu ambiente mariñeiro. A súa formación é autodidacta. A madeira é a súa materia habitual. As súas esculturas son pura síntese.


 

Ver Remo vento de proa nun mapa máis grande.

As peixeiras

O autor de As peixeiras é descoñecido.
A escultura sitúase nun oco ao lado da praza de abastos, enfronte do paseo marítimo.
O ano no que se fixo As Peixeiras foi o 1896. O concello dedicou esa obra, feita en pedra, ás peixeiras de Cangas.


Ver As peixeiras nun mapa máis grande.

Casa da bóla

Situación: 

A casa da bóla esta situada na Avenida Eugenio Sequeiros,  enfronte da praza de abastos.

Características da obra: 

Data do século XIX. Ten tres balcóns e finaliza no cume da fachada cunha bóla que lle da nome. No ano 1.937 sufriu un incendio. Foi  sede da terceira idade. Actualmente alberga a oficina de turismo.



Ver Casa da bóla nun mapa máis grande.

A Caracola

Encóntrase en Donón (Hío). A Caracola foi construída en 1984, en aceiro. A súa maqueta foi feita en arame de 22 cm e houbo que facer moitas maquetas. Partindo da maqueta Lito foi dirixindo un pouco toda a peza, que se realizou nun taller mecánico. A escultura é como as liñas interiores dunha caracola. A Caracola é unha espiral que está relacionada co desenvolvemento celta, vén ser un debuxo do espazo.

O autor da Caracola é Lito Portela. Lito Portela naceu en Coiro en 1958, é un pintor e escultor galego. De novo, mudouse coa súa familia á parroquia de Tirán. De familia humilde, a súa aprendizaxe de carácter autodicta, natural e libre, influíu na súa obra.


Ver A Caracola nun mapa máis grande.


Marina 006

Marina 006 é una escultura feita por Carlos Albert Andrés. Encóntrase na rotonda da Avenida de Galicia coa Avenida de Marín.
É unha escultura abstracta feita en aciero corten, foi inaugurada en 2005.

Carlos Albert Andrés naceu o 24 de febreiro de 1978.  É un escultor español, e con outros artistas formou o Grupo 99. El traballa normalmente con ferro forxado e con aceiro corten. A súa traxectoria profesional  enmárcase na arte abstracta.





Ver Marina006 nun mapa máis grande.

Palco da música

Palco con estrutura de quiosco que se sitúa no centro da Alameda Vella de Cangas.
O palco construíuse, segundo consta na placa, en 1926, co diñeiro que donou ao pobo de Cangas do Morrazo

Félix Soage Villarino, fillo de pescadores e emigrante a América, onde conseguiu unha fortuna. Está feito de granito; a estrutura, o enreixado e o pasamáns en fundición; tella na cuberta.

A base está feita en sillería de granito.


Ver Palco da música nun mapa máis grande.

Estatua de Félix Soage Villarino

O autor desta estatua é Francisco Asorey. A escultura está situada na alameda vella, ao lado do palco da música.
É unha homenaxe a Félix  Soage, que marchou a América onde reuniu unha gran fortuna coa que axudou moito á vila de Cangas. En 1925 construíuse en pedra. Ten unha descripción que di: "Cangas Al filántropo JOsé F. Soage Vilariño. MCMXXIV"

Francisco Asorey González, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego. Asorey estudou no colexio dos Salesianos en Sarria e posteriormente no de Baracaldo (Biscaia), onde foi profesor de debuxo de 1906 a 1909. Asorey obtivo a segunda medalla da exposición Rexional galega celebrada en Santiago de Compostela en 1918.





Ver Estatua Félix Soage Vilariño nun mapa máis grande

lunes, 3 de junio de 2013

Ex-colexiata de Santiago de Cangas

Esta igrexa está situada na rúa Real. Empezouse a construír no ano 1493, aínda que a maior parte da construción é do século XVI. Ten imaxes de altísimo valor artístico, a fachada é renacentista, a capela maior ten espectaculares retablos barrocos. En 1545 o papa Paulo III concédelle o título de colexiata que non o perdeu alta 1851. Tamén se pode admirar á torre, do século XVIII.

A ex-colexiata é máis afamada polo Cristo "que non quixo arder", do que contan que se salvou do incendio provocado polos turcos cando asaltaron a vila no 1617.






Ver Ex-colexiata de Santiago de Cangas nun mapa máis grande

viernes, 24 de mayo de 2013

Cruceiro de Hío

O Cruceiro do Hío é o cruceiro galego con máis sona. Está situado en Hío, fronte á igrexa. A  singularidade do cruceiro reside en que o fuste da cruz está realizado nunha única peza de pedra. A composición está formada por catro representacións: dúas corresponden á caída do home no pecado orixinal (Adán e Eva comen a mazá), Cristo no limbo dos xustos e  a Virxe do Carme como esperanza para as ánimas do purgatorio.

O seu autor é Ignacio Cerviño, aínda que antes considerábase que o autor era José Cerviño (Pepe da Pena), pero foi o investigador e historiador local Eugenio Eiroa, quen devolveu a autoría a Ignacio Cerviño.









Ver Cruceiro do Hío nun mapa máis grande.

Cristo do Síngulis

O Cristo do Síngulis está situado na praza do Singulis. É un cruceiro de estilo barroco (construído entre os séculos XVIII e XIX) bendecido co nome do "Cristo da Virxe do Amparo". Consta de escaleira e fuste octogonal e no capitel móstrase a figura do Cristo crucificado cos puños pechados e na parte traseira a Virxe dos Dolores.



Ver Cristo do Singulis nun mapa máis grande.

As pombas

O autor deste monumento, que se encontra ao final dos Xardíns do Sinal fronte á Capela do Hospital, é Manuel Coia. Nacido na parroquia de Hío en 1933, inicia a súa formación na escola de Artes e Oficios de Vigo e máis tarde recibe unha beca para estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando (Madrid).
Esta obra instalouse en Cangas do Morrazo en 2005. O material do que está feita é a pedra e representa as pombas que día tras día percorren Cangas.






Ver As Pombas nun mapa máis grande.

A igrexa de Aldán

A neoclásica Igrexa de Aldán restaurouse no ano 1866. A súa fachada é de estilo barroco e conserva algunhas pinturas e esculturas que representan algún feito ou algunha historia de estilo relixioso. No adro da igrexa hai unha sepultura atribuída ao mestre Cerviño da familia Graña-Gamallo de 1879, con 3 sarcófagos e unha fermosa escultura del na parte superior. A igrexa está situada no centro de Aldán e moi preto da praia de San Cibrán.






Ver Igrexa de Aldán nun mapa máis grande.

martes, 21 de mayo de 2013

Igrexa de San Salvador de Coiro

O proxecto da igrexa foi realizado polos irmáns Novás, baixo o patronazgo dos marqueses de Santa Cruz de Ribadulla. Os irmáns eran uns mestres carpinteiros orixinarios de Tui.
O templo de Coiro ten unha espléndida fachada do ano 1784, onde destaca unha rutilante torre cunha rica ornamentación, inspirada nun estilo compostelano. Tamén ten dous escudos: un coa efixie dun símbolo relixioso, e o outro co símbolo heráldico dos MondragónAdemais dende o privilexiado lugar divísanse unhas preciosas vistas de todo o val de Coiro e da ría de Vigo. 







Ver Igrexa San Salvador de Coiro nun mapa máis grande.

domingo, 28 de abril de 2013

O Galeón

O Galeón é unha escultura feita por Manuel Coia Franco. Encóntrase nunhas rochas na costa de Cangas, fronte aos Xardíns de Sinal.
Esta escultura é un dos símbolos de Cangas. Foi inaugurada o 1 de maio de 2001.
Mide 6 metros de alto, e representa unha serea construída con granito e bronce.

Manuel Coia naceu en Hío en 1940, e é un famoso escultor galego. Criouse nun ambiente mariñeiro. Tamén participou  na vida do mar activamente e coñeceu os mares de todo o mundo. A súa materia habitual é a madeira.



 



Ver Galeón nun mapa máis grande.