viernes, 24 de mayo de 2013

Cruceiro de Hío

O Cruceiro do Hío é o cruceiro galego con máis sona. Está situado en Hío, fronte á igrexa. A  singularidade do cruceiro reside en que o fuste da cruz está realizado nunha única peza de pedra. A composición está formada por catro representacións: dúas corresponden á caída do home no pecado orixinal (Adán e Eva comen a mazá), Cristo no limbo dos xustos e  a Virxe do Carme como esperanza para as ánimas do purgatorio.

O seu autor é Ignacio Cerviño, aínda que antes considerábase que o autor era José Cerviño (Pepe da Pena), pero foi o investigador e historiador local Eugenio Eiroa, quen devolveu a autoría a Ignacio Cerviño.









Ver Cruceiro do Hío nun mapa máis grande.

Cristo do Síngulis

O Cristo do Síngulis está situado na praza do Singulis. É un cruceiro de estilo barroco (construído entre os séculos XVIII e XIX) bendecido co nome do "Cristo da Virxe do Amparo". Consta de escaleira e fuste octogonal e no capitel móstrase a figura do Cristo crucificado cos puños pechados e na parte traseira a Virxe dos Dolores.



Ver Cristo do Singulis nun mapa máis grande.

As pombas

O autor deste monumento, que se encontra ao final dos Xardíns do Sinal fronte á Capela do Hospital, é Manuel Coia. Nacido na parroquia de Hío en 1933, inicia a súa formación na escola de Artes e Oficios de Vigo e máis tarde recibe unha beca para estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando (Madrid).
Esta obra instalouse en Cangas do Morrazo en 2005. O material do que está feita é a pedra e representa as pombas que día tras día percorren Cangas.






Ver As Pombas nun mapa máis grande.

A igrexa de Aldán

A neoclásica Igrexa de Aldán restaurouse no ano 1866. A súa fachada é de estilo barroco e conserva algunhas pinturas e esculturas que representan algún feito ou algunha historia de estilo relixioso. No adro da igrexa hai unha sepultura atribuída ao mestre Cerviño da familia Graña-Gamallo de 1879, con 3 sarcófagos e unha fermosa escultura del na parte superior. A igrexa está situada no centro de Aldán e moi preto da praia de San Cibrán.






Ver Igrexa de Aldán nun mapa máis grande.

martes, 21 de mayo de 2013

Igrexa de San Salvador de Coiro

O proxecto da igrexa foi realizado polos irmáns Novás, baixo o patronazgo dos marqueses de Santa Cruz de Ribadulla. Os irmáns eran uns mestres carpinteiros orixinarios de Tui.
O templo de Coiro ten unha espléndida fachada do ano 1784, onde destaca unha rutilante torre cunha rica ornamentación, inspirada nun estilo compostelano. Tamén ten dous escudos: un coa efixie dun símbolo relixioso, e o outro co símbolo heráldico dos MondragónAdemais dende o privilexiado lugar divísanse unhas preciosas vistas de todo o val de Coiro e da ría de Vigo. 







Ver Igrexa San Salvador de Coiro nun mapa máis grande.