Cruceiro de Hío
O Cruceiro do Hío é o cruceiro galego con máis sona. Está situado en Hío, fronte á igrexa. A singularidade do cruceiro reside en que o fuste da cruz está realizado nunha única peza de pedra. A composición está formada por catro representacións: dúas corresponden á caída do home no pecado orixinal (Adán e Eva comen a mazá), Cristo no limbo dos xustos e a Virxe do Carme como esperanza para as ánimas do purgatorio.
O seu autor é Ignacio Cerviño, aínda que antes considerábase que o autor era José Cerviño (Pepe da Pena), pero foi o investigador e historiador local Eugenio Eiroa, quen devolveu a autoría a Ignacio Cerviño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario